Warning: A non-numeric value encountered in /homepages/36/d421423280/htdocs/clickandbuilds/MAT/wp-content/themes/Divi/functions.php on line 5560

Menáge à Trois ultima a grabación do seu próximo disco en directo,   “Los amigos de lo ajeno”.

Para este novo proxecto, a banda ourensá elexiu nove versións  coas que pretender facer unha humilde pero enérxica homenaxe a algúns dos seus artistas preferidos, entre os que atopamos a Muchachito Bombo Inferno, Los Fabulosos Cadillacs, Sonámbulo Psicotropical ou Extremoduro.

A grabación de “Los amigos de lo ajeno” realizarase o próximo domingo 28 de xaneiro nos estudios Xilgaro, da man do productor ourensán David Quintas. Será unha sesión en directo e con público, coa que os MAT pretender recuperar a frescura e autenticidade das grabacións máis clásicas.

Ademáis aproveitarán a ocasión para editar un DVD de dito evento que incluirá o vídeo do “directo”, así como un “making of” coas mellores imaxes que está a deixar a preparación e grabación deste proxecto.

E para garantir a máxima calidade, Menáge à Trois contan, para a ocasión, con músicos ourensáns de primeiro nivel:

– Héctor Lemos: guitarra e voz.

– Xiñor Kobiñas: percusións.

– KaKus Campos: violín.

– Lucas Rodicio: guitarras.

– Raquel Huete: baixos.

– Xabi Cid: batería.

Pierrez “O Fillo da Roda”: teclados.

“Los amigos de lo ajeno” promete ser un gran acontecemento “made in” Ourense.